Cambados

Comunicaciones

Cambados

¡Nova cita coa cultura en Cambados!

Fecha de publicación: 14/04/2026

¡Nova cita coa cultura en Cambados! 📚✨

Este venres acompañamos á Asociación Amig@s de Fefiñáns na presentación do novo número da revista O Umia (Boletín nº 13). Unha oportunidade perfecta para mergullarse na historia e no patrimonio do Salnés nun marco inmellorable.

🗓 Cando? Venres, 17 de abril.

7️⃣ Hora: 19:00 h.

📍 Onde? Ruínas de Santa Mariña Dozo, Cambados.

No programa:

🎤 Emilio Ínsua falará sobre o centenario de "O Mariscal" de Cabanillas e Villar Ponte.

🎤 Víctor Caamaño explicará a xeoloxía do Salnés dende a Pastora.

🎤 Maribel Iglesias ofrecerá unha visita guiada polas ruínas de Santa Mariña Dozo.

🎁 Ao finalizar, poderás levar un exemplar da revista!

Non faltedes a esta viaxe polo noso pasado e presente. Agardámosvos!

#Cambados #Salnés #PatrimonioGalego #OUmia #CulturaGalega #Fefiñáns #SantaMariñaDozo #GaliciaCultura