Cambados
Hoxe deron comezo as actividades Coida-T e Activa-T, dous programas pensados para coidar de quen máis o precisa
Data de publicación: 04/03/2026
Hoxe deron comezo as actividades Coida-T e Activa-T, dous programas pensados para coidar de quen máis o precisa.
🧡 Coida-T está dirixido a persoas coidadoras, ofrecendo un espazo de apoio, formación e acompañamento para compartir experiencias, adquirir ferramentas e fortalecer o benestar emocional.
💙 Activa-T está enfocado a persoas con deterioro cognitivo, con actividades específicas para estimular a memoria, a atención e as capacidades cognitivas, promovendo ao mesmo tempo a socialización e a autonomía.
Ambos programas arrancaron hoxe con moi boa acollida, pero aínda quedan algunhas prazas vacantes.
Se estás interesado/a ou queres máis información, podes contactar cos servizos sociais municipais ou no telf 649 239 411
Seguimos traballando por unha comunidade que coida e se coida 🤝
#ConcelloDeCambados #Afasal