Cambados
🎙️ Faladoiros | Aquí faltan páxinas
Fecha de publicación: 25/02/2026
🎙️ Faladoiros | Aquí faltan páxinas
Este xoves 26 de febreiro ás 20:00 h, a Sala Pitusa da Casa da Calzada acolle unha nova cita dedicada ás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre aparecen nos libros.
Nesta ocasión, achegarémonos á figura de Matilde Vázquez (1905–1992), a soprano cambadesa que conquistou Madrid e deixou unha fonda pegada na escena musical da súa época.
A relatora será Marieta Lorenzo, investigadora musical e arquiveira da Real Filharmonía de Galicia, que nos axudará a descubrir a traxectoria e o legado dunha artista imprescindible.
📍 Sala Pitusa da Casa da Calzada, Cambados
🗓️ Xoves 26 de febreiro
🕗 20:00 h
Unha oportunidade para poñer en valor o talento das nosas mulleres e recuperar páxinas da nosa historia cultural. Agardámosvos! ✨
#faladoiros #cambados #mulleresextraordinarias