Cambados
🏀💛 En Cambados o deporte tamén é solidariedade.O noso club, Xuven Cambados,...
Fecha de publicación: 14/02/2026
🏀💛 En Cambados o deporte tamén é solidariedade.
O noso club, Xuven Cambados, súmase á iniciativa Canastras contra o Cancro Infantil, convertendo cada partido nunha oportunidade para axudar a quen máis o precisa.
Cada canastra conta.
Cada punto é un paso máis na loita contra o cancro infantil.
Con esta acción colaboramos no financiamento dunha liña de investigación que estuda como a práctica de exercicio físico durante o tratamento pode axudar á curación dos nenos e nenas.
📅 7-8 e 14-15 de febreiro 2026
📍 Cambados
Grazas ao club, ás familias e a todas as persoas que farán posible que o baloncesto volva demostrar que é moito máis ca un deporte.
#Cambados #XuvenCambados #CanastrasContraOCancroInfantil #DeporteSolidario 💛🏀