Cambados
⚠️ ALERTA LARANXA NO LITORAL ⚠️
Data de publicación: 26/01/2026
⚠️ ALERTA LARANXA NO LITORAL ⚠️
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos costeiros de nivel laranxa no litoral da Coruña e Pontevedra desde hoxe ás 17:00 h.
🌊 Espérase mar combinada con ondas de 5 a 6 metros, podendo acadar puntualmente os 7 metros, e ventos fortes do oeste, con refachos de ata 88 km/h.
Tamén segue activo o nivel amarelo por chuvias.
👉 Recomendamos extremar as precaucións, evitar zonas costeiras expostas, desprazamentos innecesarios e seguir en todo momento as indicacións das autoridades.
📞 En caso de emerxencia, chamar ao 112.