Cambados

Comunicacións

Cambados

⚠️ ALERTA VERMELLA NO LITORAL ⚠️

Data de publicación: 24/01/2026

⚠️ ALERTA VERMELLA NO LITORAL ⚠️



A Xunta de Galicia activa a alerta vermella por fenómenos costeiros a partir do mediodía de hoxe. Segundo AEMET, agárdase mar combinada do NO con ondas de ata 8–9 metros e vento forte do oeste/suroeste (forza 7).



👉 Pedimos máxima precaución:

🌊 Evita achegarte á costa, espigóns e zonas expostas

🚫 Non realices actividades marítimas nin deportivas no mar

📢 Sigue sempre as indicacións das autoridades



Ante calquera emerxencia, chama ao 112.

Cuidémonos entre todas e todos.