Cambados
⚠️ ALERTA VERMELLA NO LITORAL ⚠️
Data de publicación: 22/01/2026
⚠️ ALERTA VERMELLA NO LITORAL ⚠️
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa da activación do nivel de alerta vermella por fenómenos costeiros a partir das 00:00 h do 23 de xaneiro, que afectará ao litoral da Coruña e Pontevedra.
🌬️ Ventos que poden acadar forza 10
🌊 Ondas de ata 9 metros
👉 Desde o Concello pedimos á veciñanza máxima precaución, evitar achegarse á costa, espigóns e zonas expostas ao mar, e seguir sempre as indicacións das autoridades.
📞 En caso de emerxencia, chamar ao 112.
A seguridade é o primeiro. Mantédevos informados polos canais oficiais.