Cambados
✨ Novas actividades para desfrutar da natureza en Cambados! ✨Este sábado e...
Data de publicación: 11/12/2025
✨ Novas actividades para desfrutar da natureza en Cambados! ✨
Este sábado e domingo convidámoste a descubrir os nosos espazos naturais cunha ollada diferente: o ceo, a fauna e a flora que nos rodean.
🌿 Sábado 13– Coñecendo a fauna e a flora
Un percorrido guiado para todas as idades onde identificaremos pegadas, rastros, aves e a vida que agochan as nosas paisaxes.
📍 A Seca (11.00–13.30 h) – Punto de encontro: Polideportivo O Pombal
🌌 Sábado 13 – Observación do ceo nocturno e chuvia de estrelas
Unha oportunidade única para gozar das Xemínidas, aprender a localizar a estrela polar e recoñecer as constelacións máis brillantes.
📍 Miradoiro do Couto de Arriba
🕒 19.15 a 20.30 h
💫 Actividade de balde.
🌿 Domingo 14 – Coñecendo a fauna e a flora
Un percorrido guiado para todas as idades onde identificaremos pegadas, rastros, aves e a vida que agochan as nosas paisaxes.
📍 O Facho (16.00–17.30 h) – Punto de encontro: Telleira do Facho
🍃 Actividade de balde, con guía e materiais incluídos.
📞 Máis info: 667 08 37 87
🌲 Ven gozar, aprender e sentir a natureza de Cambados!
Organiza: Concello de Cambados
Colabora: Deputación de Pontevedra, e Alecrín Actividades e Aventuras.
