Cambados
🎥 Dereitos Humanos e Xustiza: ti que sabes?
Fecha de publicación: 11/12/2025
🎥 Dereitos Humanos e Xustiza: ti que sabes?
Este venres convidámoste a unha cita imprescindible para reflexionar sobre o sistema xudicial e o impacto real que ten nas persoas.
📽 Proxección e coloquio da película “As dúas caras da xustiza”
🕖 Venres 12 de decembro, ás 19:00 h
📍 Auditorio da Xuventude
🎫 Entrada libre
Un espazo aberto para aprender, debater e poñer enriba da mesa a importancia dos dereitos humanos.
Organiza: Concello de Cambados
Colabora: Fundación FIBGAR
🤝 Agardámoste!