Cambados
♻️ Mañá abrimos as inscricións para o uso do contedor marrón!Seguimos dando...
Fecha de publicación: 10/12/2025
♻️ Mañá abrimos as inscricións para o uso do contedor marrón!
Seguimos dando pasos cara un Cambados máis sostible, e queremos facelo contigo.
📍 Onde inscribirse?
Na Oficina de Residuos do Concello.
🗝️ Que recibirás ao recoller a túa chave?
Un cubiño marrón para a túa casa e bolsas compostables totalmente de balde, para facilitarche a separación da materia orgánica.
💚 Co teu xesto diario axudas a reducir residuos, fomentar o compostaxe e construír un futuro máis respectuoso co noso entorno.
👉 Súmate ao cambio! O contedor marrón é o que devolve vida.