Cambados

Comunicacións

Cambados

🔶 ALERTA LARANXA POR VENTO EN GALICIA 🔶

Data de publicación: 08/12/2025

🔶 ALERTA LARANXA POR VENTO EN GALICIA 🔶

A Xunta de Galicia vén de activar unha alerta laranxa por fortes ventos para a tarde de hoxe, 8 de decembro. Prevénse rachas de ata 100 km/h nalgunhas áreas, especialmente na provincia da Coruña, e alerta amarela con rachas de ata 80 km/h en Pontevedra, Lugo e outras zonas.



👉 Recomendacións importantes:

• Evitar desprazamentos innecesarios.

• Asegurar obxectos en balcóns, terrazas e fincas.

• Manterse afastado de zonas arboladas ou do litoral.

• Seguir a evolución da meteoroloxía en canles oficiais.



☎️ Ante calquera emerxencia: 112



Coidámonos entre todos e todas. 🍃

#AlertaLaranxa #112Galicia #Seguridade #Temporal #Galicia