Cambados
🌿 Conecta co medio natural a través do ioga 🤸♀️✨
Data de publicación: 02/12/2025
🌿 Conecta co medio natural a través do ioga 🤸♀️✨
Este sábado 6 de decembro, convidámoste a facer unha pausa e regalarte un intre de calma e benestar.
Realizaremos unha sesión especial de ioga no Salón Peña (Cambados), de 11:00 a 12:30 h, finalmente a cuberto pola previsión de choiva.
Un espazo para respirar, conectar e recargar enerxía en harmonía. 🍃
As prazas son limitadas, así que non o deixes pasar!
📞 Información e reservas: 620 96 20 48
Organiza: Concello de Cambados coa colaboración de Deputación de Pontevedra e Enarmonía Escola de Benestar.