Cambados
💛 “Oxalá fose unha película, pero é unha realidade”
Fecha de publicación: 19/11/2025
💛 “Oxalá fose unha película, pero é unha realidade”
Practicamente cada día en Galicia morre 1 persoa por suicidio e outras 18 téntano. Ante esta alerta, @stopsuicidiogalicia organiza unha nova sesión de “Prevención do suicidio: mitos, sinais de alerta e vías de axuda”, cun formato diferente: charla-coloquio combinada con micropezas teatrais.
Dende o Concello de Cambados, en especial da Concellería de Servizos Sociais, atención á Diversidade Funcional e Sanidade e coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través da subvención +Provincia 2025, atendemos o chamamento e o auxilio da necesidade de impulsar accións de prevención como esta.
Contaremos coa intervención dunha neuropsicóloga e dun experto na abordaxe das condutas suicidas, xunto cun fermoso elenco de actores e actrices lucenses, para recrear situacións cotiás e aprender cómo actuar.
📅 Data: 23 de novembro
🕒 Hora: 11:30 da mañá
📍 Lugar: Salón Pitusa da Casa da Calzada (ExpoSalnés) – Cambados
💰 Entrada de balde
Entrada: Apta para todas as idades
Info e recursos 24 h: 624 600 752 · stopsuicidiogalicia.org · asociacion@stopsuicidiogalicia.org
#Cambados #PrevenciónDoSuicidio #SaúdeMental #Galicia #NonEstásSoa #NonEstásSó