Cambados
💜 Mesa coloquio sobre Violencia de Xénero
Data de publicación: 12/11/2025
💜 Mesa coloquio sobre Violencia de Xénero
Este xoves 14 de novembro ás 20:00 h, no Edificio de Exposalnés, convidámoste a participar nun encontro para reflexionar, compartir e avanzar xuntas e xuntos na loita contra a violencia de xénero.
👩💼 Moderadora:
María Xosé Rodríguez — xornalista, locutora de radio e presentadora de TV.
🎙️ Poñentes:
• María Jesús Pires Juncal e Carlos García Blanco — Policía Autonómica.
• Ana María Cabaleiro — avogada do turno de oficio de vítimas de violencia de xénero.
• Fátima Abal — licenciada en Dereito, máster en violencia de xénero e axente de igualdade.
• Rosa González Graell — terapeuta experta en violencia de xénero e violencia vicaria.
🟣 Organiza: ESMAR, Non ao Maltrato
🤝 Colabora: Concellaría da Muller e Igualdade e Concello de Cambados
Un espazo para a sensibilización, a aprendizaxe e o compromiso social.
Xuntas, máis fortes contra a violencia de xénero. 💪💜
#Cambados #Igualdade #ContraAViolenciaDeXénero #ESMAR #ConcellodeCambados #NonAoMaltrato #Muller #IgualdadeReal