Cambados
🚶♀️💜 ANDAINA SOLIDARIA en Cambados 💜🚶♂️
Data de publicación: 26/08/2025
🚶♀️💜 ANDAINA SOLIDARIA en Cambados 💜🚶♂️
O vindeiro 30 de agosto ás 10:30h unímonos pola solidariedade nun percorrido de 7 km, de baixa dificultade, con saída e chegada na Torre de San Sadurniño.
Trátase dunha actividade do Solidarity Fest organizado pola fct_impact e o Concello de Cambados.
👉 Aportación solidaria: 8 € (inclúe dorsal, avituallamento e participación no sorteo de dous bonos de entrada para o Solidarity Fest).
👉 Menores de 12 anos: gratis, con inscrición obrigatoria.
📅 Reparto de dorsais:
➡️ Do 26 ao 29 de agosto no Concello de Cambados (09:30h a 14:00h).
➡️ O sábado 30, na rampa da Torre de San Sadurniño dende as 10:00h.
✍️ Inscricións en: www.solidarityfest.es
🌟 Camiñemos xuntos por unha boa causa!
#Cambados #AndainaSolidaria #SolidarityFest #DeporteESolidariedade