Cambados

Comunicacións

Cambados

🚶‍♀️🚗 O Concello de Cambados organiza unha charla sobre seguridade viaria dirixida ás persoas maiores, dentro da campaña de prev...

Data de publicación: 18/05/2026

🚶‍♀️🚗 O Concello de Cambados organiza unha charla sobre seguridade viaria dirixida ás persoas maiores, dentro da campaña de prevención de atropelos da DGT.



📅 Martes 19 de maio

🕥 10:30 h

📍 Casa da Calzada



Durante a sesión ofreceranse consellos prácticos para mellorar a seguridade nas nosas rúas e fomentar hábitos seguros tanto para peóns como para condutores.



🦺 Ademais, haberá reparto de chalecos reflectantes para as persoas asistentes.



Animamos a todas as persoas maiores de Cambados a participar nesta actividade informativa e de prevención. 💛