Cambados
🌺 Cambados cruza fronteiras coa camelia como embaixadora da nosa vila.Esta fin...
Data de publicación: 15/03/2026
🌺 Cambados cruza fronteiras coa camelia como embaixadora da nosa vila.
Esta fin de semana participamos na Mostra Internacional de Camélias de Celorico de Basto, en Celorico de Basto (Portugal), como municipio convidado. Unha oportunidade para promocionar Cambados e dar a coñecer a nosa propia mostra da camelia, reforzando os lazos culturais arredor desta flor que tanto identifica ao noso territorio.
Seguimos levando o nome de Cambados máis alá das nosas fronteiras, compartindo patrimonio, tradición e beleza. 🌸✨



