Cambados
🌺 IX Mostra Internacional da Camelia 🌺
Data de publicación: 04/03/2026
🌺 IX Mostra Internacional da Camelia 🌺
📍 Cambados
📅 7 e 8 de marzo de 2026
📌 Salón de Congresos e Exposicións José Peña
A camelia volve converter a nosa vila nun auténtico xardín en flor. Durante toda a fin de semana poderemos desfrutar de exemplares únicos, exposicións coidadas ao detalle e a participación de cultivadores e amantes desta flor tan especial.
Un evento que medra cada ano e que consolida a Cambados como referente internacional no mundo da camelia. 🌿🤍
Animámosvos a achegarvos e deixarvos sorprender pola beleza, elegancia e variedade dunha das flores máis emblemáticas da nosa terra.
#Cambados #MostraDaCamelia #Camelias #PrimaveraEnCambados