Cambados
⚡ Queres aforrar na túa factura da luz?
Data de publicación: 09/12/2025
⚡ Queres aforrar na túa factura da luz?
Este xoves tes unha oportunidade perfecta para coñecer como funcionan as comunidades enerxéticas e como poden beneficiarte.
📅 Xoves 11 de decembro
🕖 19:00 h
📍 Casa da Calzada (Paseo da Calzada) – Cambados
Trátase dunha sesión aberta para explicar, de xeito sinxelo, como podemos producir e compartir enerxía renovable entre veciños, negocios e entidades. Un modelo máis sostible, máis económico e máis xusto.
Organiza a Deputación de Pontevedra (OFC +Renovables) coa colaboración do Concello de Cambados.
🌍 Construamos entre todos un futuro máis verde e eficiente.
Agardámoste!