Cambados
✨ 10 de decembro – Día dos Dereitos Humanos ✨Día no que lembramos que a...
Data de publicación: 09/12/2025
✨ 10 de decembro – Día dos Dereitos Humanos ✨
Día no que lembramos que a dignidade, a igualdade e a liberdade deben ser un dereito para todas as persoas, en todo o mundo.
No Concello de Cambados sumámonos a esta xornada cun acto na Praza do Concello o mércores ás 12.00h, no que realizaremos unha concentración e lectura da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Porque só xuntas e xuntos somos máis fortes, e a defensa dos dereitos humanos necesita da implicación de toda a sociedade.
🤝 Construímos un Cambados máis xusto, igualitario e solidario.
#DíaDosDereitosHumanos #Cambados #DereitosHumanos #XuntasSomosMaisFortes #10D #ConcelloDeCambados