Cambados

Comunicacións

Cambados

🚨 AVISO IMPORTANTE | MEDIDAS SANITARIAS EN VIXENCIA 🐔

Data de publicación: 12/11/2025

🚨 AVISO IMPORTANTE | MEDIDAS SANITARIAS EN VIXENCIA 🐔



A Consellería do Medio Rural vén de declarar zonas de especial risco pola gripe aviar, o que implica limitacións específicas para a cría de aves domésticas nestas áreas.



📋 As principais medidas son:

• As aves deben manterse en recintos pechados, evitando o contacto con aves silvestres.

• Prohíbese o uso de auga de lagoas ou ríos para o consumo das aves.

• Non está permitido celebrar feiras, exposicións ou mercados con aves vivas nestas zonas.

• É obrigatorio notificar calquera síntoma sospeitoso ás autoridades veterinarias.



Estas medidas teñen como obxectivo previr a propagación do virus e protexer tanto ás explotacións como á saúde pública.



📞 Para máis información, podes consultar coa Oficina Agraria Comarcal ou co Servizo de Medio Ambiente do Concello e na web municipal:



https://cambados.sedelectronica.gal/preview-document/238ed762-1b37-49b0-9951-64bbcb4b49c7/



#Cambados #MedioRural #SanidadeAnimal #GripeAviar #InformaciónMunicipal