Cambados

Comunicacións

Cambados

🎃 Semana Temática do Samaín en Cambados!

Data de publicación: 28/10/2025

🎃 Semana Temática do Samaín en Cambados! 👻

Este mércores 29 de outubro, a partir das 19:30 h, sairá a Santa Compaña Musical dende a Praza de Dolores del Valle para percorrer as rúas de Cambados: Ourense, Infantas, Alfredo Brañas, Castriño e San Francisco.



Acompañaranos a Banda de Música Xuvenil, coa colaboración da Banda de Música de Castrelo, xunto coa aula de percusión, aula de música e movemento, profesorado, alumnado e familias da escola. 🎶



🕯️ Canto especial: “Noite de Samaín”

🎵 Música: “Virgen del Castillo Viejo” (R.A. Santiago)

✍️ Letra: Daniel Figueira Bello



👉 Participa na comitiva musical caracterizado/a e vive unha noite chea de maxia, música e tradición!

💀 Ao remate, haberá unha tremenda merenda!



📺 Conexións en directo coa Televisión de Galicia



#Samaín #Cambados #SantaCompaña #Música #Tradición #ConcelloDeCambados #EscolaDeMúsica #Cultura #Galicia