Cambados
O RITMO URBANO CONQUISTA CAMBADOS: DEI V, BRYTIAGO E YAN BLOCK ACTUARÁN NA
Data de publicación: 28/05/2025
O RITMO URBANO CONQUISTA CAMBADOS: DEI V, BRYTIAGO E YAN BLOCK ACTUARÁN NA
FESTA DO ALBARIÑO NA SÚA ÚNICA DATA EN
GALICIA
DEI V, Brytiago e Yan Block protagonizarán unha noite histórica na Praza de Fefiñáns, dentro da programación da Festa do Albariño, na que será a súa única parada en Galicia este verán.
Desde colaboracións con Bad Bunny ata hits que superan os cen millóns de escoitas, o cartel reúne a tres voces que están a marcar o presente do reggaetón, o trap e a música urbana latina.
As entradas poranse á venda este venres ás 17:00 horas, cunha primeira cota
promocional de 500 entradas a 30€ (prezo final con gastos incluídos), 300 venderanse na Oficina de Turismo de Cambados e 200 a través de entradas.com.