Cambados
Lembramos que o noso municipio segue baixo restriccións pola gripe aviar...
Data de publicación: 28/01/2025
Lembramos que o noso municipio segue baixo restriccións pola gripe aviar decretadas pola Xunta de Galicia: As medidas de prevención que se deben adoptar nos sete concellos galegos que pertencen á zona ZER (Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa, todos eles na provincia de Pontevedra) pasan, entre outras, pola prohibición da cría de aves de curral ao aire libre; agás que non sexa posible, en cuxo caso será necesaria a utilización de dispositivos como teas paxareiras que impidan a entrada das aves silvestres nas instalacións, nas que obrigatoriamente se alimentará e proporcionará auga ás aves domésticas.
Prohíbese tamén dar auga procedente de depósitos aos que poidan ter acceso as aves silvestres e a suspensión de concentracións, como mercados ou exhibicións de calquera tipo de aves